
BRIÓN. HISTORIA, ECONOMÍA, CULTURA E ARTE
Original price was: $ 42.000,00.$ 40.000,00Current price is: $ 40.000,00.
PÉREZ GONZÁLEZ, CLODIO
1 disponibles
Teño investigado sobre concellos tan dispares atendendo á súa situación como os de Ponteareas, Rois e Navia de Suarna. Quédame agora por ordenalo pasado de Cenlle, na provincia de Ourense, que foi onde nacín, na propia cerna do Ribeiro de Ribadavia, terra de bo viño e mellor xente.
No ano 1990 publiquei a historia do concello de Rois, que se acha situado en parte na medieval “terra” do Valerión, que logo pasaría a denominarse xurisdicción de Quinta, a medio camiño de Compostela, Noia e Padrón. Daquela tiven que consultar moita documentación dos concellos lindeiros e, en particular, do de Brión. Pero a miña primeira cata no pasado brionés xa fora en 1986, cando din a coñecer no V Coloquio Internacional de Gliptografía, celebrado en Pontevedra, as marcas de canteiro das torres de Altamira. Anos despois, 1995, publiquei un artigo sobre os cruceiros de capela que existen actualmente neste concello, entre os que hai algúns exemplares moi interesantes, dignos de figurar en calquera estudio que se faga sobre estes monumentos populares.
Un día o amigo Luciano Pena Andrade comentoume que a corporación e, en particular, o seu alcalde, Xosé Luís García García, desexaban dispoñer dunha historia xeral de Brión, a partir da que logo se poderían facer estudios monográficos máis profundos sobre temas relacionados coa zona: a fortaleza de Altamira, a emigración, a arte barroca, a arquitectura popular, os muiños,…, e moitos outros sobre os que se dispón de documentación e información abondo. Un dos posibles candidatos para tal tarefa era eu, pois —aínda que non resido neste concello— debido a que publicara en 1990 a historia de Rois, por se tratar de terras lindeiras e de pasado común en moitos aspectos, as máis das fontes documentais eran as mesmas, sendo por tanto unha valiosa axuda.
Solo los usuarios registrados que hayan comprado este producto pueden hacer una valoración.





Valoraciones
No hay valoraciones aún.